“A bibliotecaria estrafalaria” con Cris de Caldas en Sarria
A tarde do 29 de setembro a Casa da Cultura de Sarria recibiu a visita de Cris de Caldas, co seu espetáculo “A bibliotecaria estrafalaria“.
Os pequenos que nos visitaron disfrutaron da historia de Candelaria unha bibliotecaria a que chaman “estrafalaria” por gustarlle o diferente. Por ese motivo os contos que emprestou a Cris son tan divertidos e abraiantes que a todos os nenos que asistiron encantoulles poder coñecelos.
Agardamos que esta divertida tarde tamen poida transmitir a todos os nenos e nenas un anaco do amor polos libros e as bibliotecas co que está feito.





