Tarde de contos en Culleredo con Dada a Trasna

Dada a trasna visitou a Axencia de Lectura Municipal Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, no concello de Culleredo, o xoves 18 de abril pola tarde. As andanzas do gato negro Micifú e do lobo feroz, entre outros, foron engaiolantes para toda a manchea de xente miúda que estivo por aquí.






