Animais do bosque en Culleredo
Trinketrinke Teatro encheu de animais do bosque e de música de acordeón a Axencia de Lectura Municipal de Vilaboa en Culleredo. Sucedeu o venres 6 de outubro. Foi unha tarde maravillosa para todos, pequenos e grandes
Trinketrinke Teatro encheu de animais do bosque e de música de acordeón a Axencia de Lectura Municipal de Vilaboa en Culleredo. Sucedeu o venres 6 de outubro. Foi unha tarde maravillosa para todos, pequenos e grandes
Onte tivemos na Biblioteca de Culleredo un conto para bebés a cargo de Charo Pita. Foi unha sesión moi divertida e interactiva, onde os adultos e pequenos desfrutaron.
O venres 2, tivemos na Biblioteca de Culleredo a actividade “Con papel e máis papel, como Picasso pintarei”, na que Electra achegou aos rapaces á figura e obra de Picasso. Despois, eles tiveron que facer as súas obras de arte de utilizando papel.
Chega á fin maio, e na Biblioteca Municipal de Culleredo rematamos as actividades do mes das Letras Galegas á procura de biosbardos. Foi onte, xoves 26, na compaña de Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto. E foi marabilloso e formidábel
Maio, mes das Letras Galegas, trouxo á Biblioteca Miguel González Garcés do Burgo, en Culleredo, unha fermosa e divertida actividade para contar, cantar e bailar, contos e música de guitarra en vivo
Enmarcada na Semana das Letras Galegas en Culleredo, o 18 de maio tivo lugar esta maravillosa actividade para os bebés, na Biblioteca Miguel González Garcés do Burgo. Charo Pita deixounos a todos abraiados. Contos e cancións con “A formiga na barriga”
A sesión presentouse en tres bloques, a partir das adaptacións dos contos “Onde viven os monstros” de Maurice Sendak, “O monstro de cores” de Anna Llenas, e que monstros podemos atopar nos alimentos precociñado que consumimos. Cos títeres percorrimos estes contos, e gozamos da posta en escea que nos mostrou Carmen Domech.
Un solleiro día 5 de maio, ás 6 do serán, na biblioteca de Vilaboa, Culleredo, quedamos marabillados coa fermosa historia da capitana Mariana e a súa biblioteca navegante. Con ela, chegamos ao país de Sapolandia, onde a princesa sapiña descubre que as motos corren máis que os sapiños.
Foi o xoves 29 de xullo, na Axencia de Lectura Municipal Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, Culleredo. Magnífica actividade para os rapaces, encantados de coñecer experimentos de científicas ao longo da historia, tanto pasada coma recente, mesmo unha galega na NASA
Rapaces de Culleredo desfrutaron desta actividade de novo, con Iria Mejuto. Foi na Axencia de Lectura Municipal Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, Culleredo, o xoves 22 de xullo. Pasárono moi ben reciclando vellas caixas, convertíndoas en agasallos.
Séguenos