LETTERING NA BIBLIO DE BUXANTES
O pasado venres recibimos na ALM de Buxantes, Dumbría, a Alba Farto coa actividade Debuxar Letras, dentro do Ler Conta Moito da RBPG.
Unha actividade moi demandada e valorada polos asistentes.
Introdución ao mundo do lettering con explicacións moi didácticas e dinámicas. Desde a práctica todas as persoas asistentes participaron moi activamente.





