Escape room : os misterios da biblioteca en Culleredo


O venres día 19, dentro da nosa programación para celebrar o día do libro, tivemos un escape room na nosa biblioteca Miguel González Garcés. Os 24 participantes estaban agrupados en 4 equipos e tiveron que ir descubrindo as distintas pistas que había agochadas nos libros da sala infantil para chegar a construir un libro con corazón entre todos.













