ANA MEILÁN CO SEU UNIVERSO DE CONTOS NO CONCELLO DE BÓVEDA
No día do libro, a autora e contadora Ana Meilán visitou o Centro Sociocultural de Bóveda dentro do programa do Mes dos Libros e realizou dúas contadas.
Unha para infantil e 1º ciclo de primaria do Ceip Rosalía de Castro ” ¿Quen ven esta noite? ”
Os/as nenos/as saíron así de content@s co seu libro de agasallo como actividade complementaria.
E outra contada para o resto de público en xeral e 2º e 3º ciclo de primaria, acompañad@s polas persoas usuarias da Residencia Domus Vi para persoas con Diversidade Funcional.