Imos “Camiño a Compostela” con Ela Sabe
Esta mañá, os nenos e nenas do campamento de verán participaron na actividade “Camiño a Compostela”, organizada por Ela Sabe. Durante esta experiencia, convertéronse nun grupo de peregrinos e peregrinas que avanzaron cara a Compostela nun xigantesco xogo da oca. Ao longo do percorrido, coñeceron historias reais de persoas que fixeron o Camiño ao longo da historia, inventaron cantigas, resolveron adiviñas e descubriron a relación entre as viaxes, os libros e a liberdade. Foi unha actividade chea de aprendizaxes e diversión, que lles permitiu explorar a riqueza cultural e histórica do Camiño de Santiago dun xeito lúdico e interactivo.























Séguenos