Obradoiro de Stop Motion, na Biblioteca de Barro.
📢 Que ben o pasamos na actividade de Stop Motion! 🎬✨
A pasada fin de semana, a nosa biblioteca encheuse de creatividade e innovación coa actividade de Stop Motion.
A rapazada fixo equipo para aprender e pasalo de medo co fascinante mundo da animación. Coa guía dunha experta, os participantes lograron dar vida ás súas propias historias, combinando tecnoloxía e imaxinación en cada curta.
Estamos emocionados de seguir ofrecendo máis eventos na nosa biblioteca. 📚💡
PRÓXIMA ACTIVIDADE
CONTA CONTOS CON PAULA CARBALLEIRA.
3 irmáns, 3 camiños e 3 grandes perigos.
Lugar: Biblioteca Municipal de Barro
Data: 14/09/2024
Hora: 12:00
Sábados na Biblioteca.
Ler conta moito.
Biblioteca Barro.









