Contacontos na B.P.M de Mondariz-Balneario con Batucado e Emusín

Hoxe á mañá a cativada máis cativa de Mondariz-Balneario desfrutou ao máximo coa contada de Batucado e Emusín, que nos presentou o conto “Unha tarde especial con Dori” cheo de aventuras, música e moito lucerío. A Dori pasáronlle moitas cousas pola cabeza para celebrar o aniversario da avoa, e todas elas fixeron que o noso público máis pequerrecho non perdese detalle da historia e pasara un rato ben divertido.

Unha mañá diferente para un público moi esixente!!!




