OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA DE PERILLO (OLEIROS)

Aos nenos e nenas gustoulles moito o obradoiro UNHA ARTE DELICADA: A PAPIROFLEXIA de Miguel Cortés, que tivemos este xoves 10 de outubro na nosa biblioteca.
Estiveron todo o tempo traballando cos seus pais ao ritmo que marcaban os monitores. Antes de comezar fixo unha pequena introdución de onde viña a papiroflexia,
como facela a través de libros, etc.
A xente marchou moi contenta levando as súas creacións.





