Conta contos e divulgación do libro na Biblioteca de Pontecesures
Neste mércores, 16 de outubro, estivemos co conta contos Manuel Fontemoura co que os nenos de 4º e 5º do CPI de Pontecesures se divertiron e aprenderon sobre a importancia da empatía, a tolerancia e o respecto ao diferente! Esta narración oral enmarcase nunha xeira de actividades de animación á lectura que terán lugar nos vindeiros días para celebrar Outubro, o mes das bibliotecas.





