Obradoiro de chapas pola igualdade. Biblioteca pública do Castro de Ferreira. Pantón . “Programa Ler conta moito”






“De que cor é o vento?” Esta é unha pregunta que tentou obter reposta a través da historia do gato Fazulas, un gato persa que emprende unha aventura fantástica collido á empuñadura dun paraugas. Para darlle vida a este conto, visitou a biblioteca Fran Campos da compañía Bandullo Azul, acompañado de Fazulas que fixo as delicias dos máis novos e novas. Para dar un broche de ouro a esta xornada, os rapaces e rapazas, crearon xunto a Fran, unha canción como agasallo a tan distinguido gatiño.
Quedan aquí abaixo unha fotos que dan boa conta do bo ambiente do que se disfrutou este día.




Galerna Crúa achegouse o venres a Pereiro a facer que tanto nenos como adultos pasasen unha tarde do máis divertido. Suso, o zorro, e a súa inseparable amiga a xoaniña, contáronnos contos de abellóns, pulgóns, formigas, achegáronnos a montaña Laureana en Peña Trevinca onde a galiña Josefa tiña ovos de ouro. Entre conto e conto, o público asistente foi partícipe da actividade en todo momento a través de moitos xogos, e sobre todo, moitas risas.


O martes 19 de agosto as 11 horas tivemos unha sesión de contacontos con títeres, función dinámica e divertida. Narrou a viaxe dun cabaleiro que atrapado na súa propia armadura, afastouse da súa familia sen decatarse. O seu fillo xa non lembra a súa cara e a súa muller está cansa de non recibir atención. Grazas á axuda de diversos personaxes, volta a ser o mesmo de antes.


No parque Rosalía de Castro, a Biblioteca Municipal de Vilalba organizou una actividade con Caxoto, á que asistiron arredor de 100 participantes dos campamentos de verán público en xeral. A iniciativa completouse cunha exposición das recomendacións lectoras elaboradas polos rapaces 



O dia 19 de agosto houbo unha actividade denominada OBRADOIRO PARA MEIGAS E BRUXOS con José Rivera no concello de Lobios, unh aactividade dirixida a nenos de 4-14 anos, onde se pretente o gusto por a maxia e a lectura

O día 06 de agosto, tivo lugar en Riós a actividade: Científicos de Galicia ás 11:30h. Unha actividade moi interesante e moi satisfactoria que cumpriu cos obxectivos e expectativas previstas.
E hoxe, na biblioteca de Bergondo, puidemos gozar deste gran contacontos musical “Os rizos de Lía”.
Resultou unha actividade moi divertida! A rapazada quedou moi contenta!




Séguenos