“Contos Pequeniños” para as crianzas da Biblioteca Xela Arias de Chapela
Esta tarde o público máis miúdo de Chapela gozou da emoción da música, a cor, os sons e os contos, con “Contos pequeniños”, unha fantástica sesión de contos para bebés ofrecido por Bea Campos.
Nesta tarde, a maxia deixouse sentir, e os contiños e as historias chegaron con acompañamento musical e con moita ledicia.








