Atrevéndose a facer un libro: obradoiro creativo na Biblioteca Xela Arias de Chapela
Este martes a Biblioteca Xela Arias contou coa escritora e ilustradora Estefanía Padullés para realizar un obradoiro de creación literaria para a rapazada da nosa contorna.
Un bo grupo de nenos e nenas de 6 anos en diante participaron e gozaron do proceso creativo de facer un álbum ilustrado. Un traballo ilusionante que os cativou, e que lles levou a percorrer camiños moi diferentes con historias ambientadas nos lugares máis emocionantes e dispares.
Un momento moi creativo e motivador para eles, xa que as ideas de uns, inspiraban aos outros, e viceversa.
Rapaces e rapazas interesados encheron as prazas, e saíron todos moi emocionados.
+ INFO: https://bibliotecas.redondela.gal/creando-historias-elaborando-libros-na-biblioteca-xela-arias