As superheroínas do noso pobo…na BPM do Saviñao
Día 2 de xullo de 2021 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Presentamos a primeira actividade do programa Ler conta moito deste ano,
As superheroínas do noso pobo
da man de Estefanía Padullés
o 2 de xullo, ás 11:00 na sala infantil
O obradoiro de ilustración versou sobre mulleres esquecidas en diferentes campos, desde Margaret Hamilton, a Rosalía de Castro, Hipatia, Cleopatra, Isabel Zendal…
Consultamos en diferentes libros da biblioteca sobre estas mulleres e cadaquén escolleu un libro para inspirarse e debuxar a unha delas:
Para logo debuxar cadaquén a unha do seu entorno máis próximo:
Poden atoparse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia en moitas bibliotecas libros sobre o cinema [consulta aquí os libros que hai na nosa biblioteca]
Séguenos