Historias dun mundo grande na Biblioteca de Pontecesures
Este xoves, 9 de outubro, desfrutamos coa sesión de narración oral “Historias dun mundo grande”, da compañía Bandullo Azul, dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Primaria do CPI de Pontecesures.
A actividade enmárcase nunha xeira de animación á lectura que terá lugar ao longo deste mes, coa que queremos celebrar —un ano máis— o Mes das Bibliotecas.
A través das aventuras da cadeliña Becki, viaxamos por un mundo cheo de historias, solidariedade e diversión.






