COSMÉTICA E LIMPEZA ECOLÓXICAS EN A MEZQUITA
Obradoiro para coñecer as diferencias entre os produtos de limpeza e cosmética naturais e químicos, así coma os seus efectos sobre a nosa saúde e o ambiente.
A actividade consistirá nunha exposición de diferentes produtos químicos de limpeza, cosmética e hixiene persoal e as súas alternativas naturais.





