“Contos con xeito” para enredar na biblioteca de Melide
Nenas e nenos de Melide desfrutaron dun xeito moi divertido escoitando contos da man de Bea Campos.
Cunha cuidada escenografía, Bea logrou captar a atención do público miúdo que gozou participando na escenificación de tres contos clásicos contados dun xeito ameno e moi entretido.





