“Trasnadas” en Sanxenxo na BPM Emilia Pardo Bazán
O mércores 27 de maio veunos a visitar Ana Carreira e o seu trasno, un anano saltarín, que andivo a facer trasnadas na Biblioteca de Sanxenxo. Xa todos sabemos como se divirten os trasnos facendo trasnadas! Pois esta vez non foi menos!
E ademais son imprevisibles… nunca sabes por onde che van saír nin que falcatruada che van facer… Hai que estar moi, moi, pero que moi pendientes das diabruras que poden acontecer darredor. E así foi…
Pequenos e grandes participaron activamente na procura do anano saltarín, axudándolle a Ana a poñer os ladrillos dun conto que foi dando tantas voltas e reviravoltas como chimpos foi pegando o trasno!
Grazas Ana pola maxia das túas narracións!

Ana Carreira na Biblioteca de Sanxenxo





