“Burromaquia” de Inacio Vilariño na Biblioteca Municipal de Lugo.
A Biblioteca Municipal de Lugo Isidro Novo acolleu onte unha nova actividade do programa Ler Conta Moito coa celebración do espectáculo Burromaquia, a cargo do narrador e actor Inacio Vilariño.
Nunha sesión chea de humor, imaxinación e participación, os nenos e nenas asistentes gozaron dun contacontos no que os burros foron os grandes protagonistas. A través de historias tradicionais, contos populares e situacións divertidas.
Agradecemos a todas as familias a súa asistencia e a Ignacio Vilariño por compartir con nós unha tarde tan entretida e chea de historias.





