PABLÍSIMO E OS SEUS CONTOS BATRACIOS NA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
Pablísimo contounos os seus contos batracios, fábulas, curiosidades e cancións populares onde os protagonistas sempre eran rás, sapos ou cabezolos.
Desta vez os batracios formaban parte de contos actuais nos que rás solidarias axudaban aos seus amigos, ou sapos cobizosos intentaban aproveitarse dos veciños.
Contos batracios sobre a amizade, a solidariedade, a ecoloxía e biodiversidade, contados a través de monicreques, Kamishibai, láminas, cancións e miniaturas.