Obradoiro “Como se fai un album ilustrado” con Estefanía Padullés na BPM de Poio
Na Biblioteca Pública Municipal de Poio celebramos o Día do Libro aprendendo con Estefanía Padullés a converter as nosas historias nun álbum ilustrado. Primeiro os nenos e nenas escoitaron a historia dun galo que tiña que espertar ao sol e debuxaron unha chea de animaís e lugares para inspirarse, e remataron a tarde creando os seus propios personaxes e ilustrando a súa propia historia.