“Rescate na Biblioteca”
O xoves 12 de setembro tivemos unha actividade na Biblioteca de Portonovo para celebrar o comezo do curso escolar. Antía Yáñez veu coa súa proposta para que os nenos e nenas coñecesen máis a biblioteca da súa contorna.
A actividade desenrolouse moi áxilmente e participaron 19 nenos e nenas, fixeron as súas búsquedas e atoparon o tesouro.