“Palabras confeitadas” de Sherezade Bardaji, na biblioteca Municipal de Lugo
O xoves, 28 de abril, recibimos na Biblioteca Municipal de Lugo aos nosos usuarios máis pequenos que acudiron a participar no contacontos de Sherezade Bardaji “Palabras confeitadas”.
Xunto á narración, sons, cores e formas, conseguiron captar o interese de nenos e nenas e mesmo dos seus pais e nais.