Contacontos de Sarabela Teatro na Biblioteca P.M.”Manuel María” de Oleiros
Divertidísimo contacontos o que tivemos na Biblioteca P.M. “Manuel María” de Oleiros o martes día 1 de outubro a cargo da artista Nati, da compañía Sarabela Teatro. Os contos incidían nas bondades dunha alimentación variada e o público noviño asistente participou activamente na actividade, sorprendendo as veces pola boa información que amosaban sobre o tema.
Ela narrou as súas historias, sendo interrumpida moitas veces polas risas e gargalladas; cando xa pasaba a metade da actividade varias asistentes choraban coa risa. Ao rematar o evento todos tiñamos una enorme sonrisa na cara e ledicia no corazón.