CONTOS DENDE A SAUDADE… EN SAN SADURNIÑO
As actividades da biblioteca comezaron o venres 15 de maio pola mañá cunha sesión de contacontos para os nenos e nenas do CPI a cargo de Marisa Irimia, quen lles mostrou toda a riqueza da tradición oral galega. Contos recollidos aquí e alá, contos escoitados dende nena nas sobremesas da casa dos avós, contos de animais e e contos de tema marabilloso, desenredados dende a saudade de Ramón Piñeiro; unha boa representación do xeito que ten a nosa xente de ver o mundo.





