Paco Nogueiras celebrando o Día do Libro Infantil e Xuvenil en Fene
Paco Nogueiras veu por primeira vez o venres 1 de abril á Biblioteca de Fene para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil co seu concerto-obradoiro “Brinca vai! De aquí a acolá”.


Bailamos, cantamos, aprendimos e coñecimos distintos instrumentos… qué máis se pode pedir?

Unha actuación fantástica e absolutamente recomendable! Por suposto, cheo total na biblioteca e os asistentes encantados!





