Maxia e humor para as “Letras Galegas 2016” en Cee

O martes 24 de maio, Leo Leiño ofreceu a 170 rapaces de 4º e 5º de primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo de Cee, un espectáculo moi interesante xa que dunha maneira entretenida, combinando maxia e humor, buscou desde un primeiro momento concienciar aos nen@s da importancia dos libros e da lectura; cunha atractiva e divertida posta en escena foi facendo partícipes, desde o mesmo comezo da función, aos cativos nos distintos xogos de maxía, un público que asistiu espectante durante os 60 minutos que durou o espectáculo, e podo asegurar polas caras de satisfación ao acabar que foi do seu agrado.





