Océano para terrícolas nas Pontes
O pasado xoves 19 a biblioteca Enrique Rivera Rouco das Pontes de García Rodríguez tivo a sorte de acoller o Océano para terrícolas de Xurxo Souto. Coas historias do seu libro Contos do mar de Irlanda, achegounos un pouco máis a ese océano descoñecido para nós, xente do interior.
Cantamos con el, rimos e desfrutamos desas historias do Gran Sol, parte importante da nosa cultura galega.
O acto enmarcouse dentro dun programa máis amplio con actividades de homenaxe a Manuel María coas que celebramos as Letras galegas 2016.