Mans na ALM de Ribadetea a cargo da compañía Os Contos de Pablísimo
O pasado mércores 18 de maio, a compañía Os Contos de Pablísimo representou na Axencia de Lectura Municipal de Ribadetea o espectáculo Mans, dentro do Programa Ler Conta Moito, conmemorando o día das Letras Galegas.
Os máis pequenos mergulláronse no mundo animal a través das sombras, contos e cancións. Das mans de Pablo saíron ras, ratiños, velliñas… e toda unha chea de persoaxes que nos fixeron gozar dos seus contos. As mans inquietas dos nenos tamén formaron parte da posta en escea, que rematou con risas e aplausos.
Velaí van algunhas fotos…





