Abegondo celebra o Día das Letras Galegas con Magín Blanco
O pasado martes 24 de maio tivo lugar a actuación de “Libros En-cantados” de Magín Blanco na Biblioteca Municipal de Abegondo. Tanto os nenos e nenas coma os pais asistentes pasaron unha tarde moi entretida chea de contos e cancións.





