“Degustando” os contos de marmeleiro de Marisa Irimia en Neda
O luns 19 de setembro, os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria dos CEIP San Isidro e Maciñeira de Neda, degustaron os saborosos contos de marmeleiro, anís e limón de Marisa Irimia. Unha sesión moi entretida na que arredor de 70 nenos e nenas participaron activamente nos contos, interactuando en todo momento coa sempre encantadora Marisa, e rematando cos seus característicos foguetes de despedida.






