Celebración do Día do libro Infantil e Xuvenil con Madame Bechamel e Signorina Bolognesa na BPM do Grilo (Teo)
Para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, convidamos a que Madame Bechamel e Signorina Bolognesa cociñasen en colaboración co público, un saboroso bico mentres contaban un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.

Estas dúas cociñeiras atoladas e un pouco máxicas fixeron as delicias do público da man de Trécola Teatro.




