Contos e maxia en Castrelo!
Onte A illa dos nenos recalou en Castrelo para seguir o seu periplo de celebración do Día Internacional do Libro Infantil. E puidemos gozar dunha divertida sesión de contacontos chea de maxia… velaí van algunhas imaxes!
Onte A illa dos nenos recalou en Castrelo para seguir o seu periplo de celebración do Día Internacional do Libro Infantil. E puidemos gozar dunha divertida sesión de contacontos chea de maxia… velaí van algunhas imaxes!
Onte A illa dos nenos visitou a ALM de Oubiña para celebrar connosco o Día do Libro Infantil… e fixémolo entre contos e maxia… aí van algunhas imaxes!
Onte puidemos disfrutar do bo facer do mago Fran de A illa dos nenos que encheu o noso centro cultural de sorrisos e diversión! Grazas ao programa Ler Conta Moito estendemos a toda a semana a celebración do Día do Libro Infantil mesturando animación á lectura con maxia.
Aí van algunhas imaxes que dan proba!
Este luns 3 de abril, a Biblioteca Luís Rei organizou unha xornada moi especial para celebrar por partida dobre o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo. Con tal motivo convidamos a rapaces dos colexios de San Tomé e Magariños amais de alumnado do colexio Mecos en colaboración con BATA e Por Dereito.
Comezamos a xornada coa lectura por parte do Concelleiro de Cultura Víctor Caamaño do manifesto a prol da lectura que este ano corre a cargo de Sergey Makhotin (traducido ao galego por Sabela González Panizo) e que estes días lerase en todas as bibliotecas públicas do país.
A continuación puidemos disfrutar das lendas e contos que Raquel Queizás puxo en escena co seu espectáculo Romaría, traéndonos a escena a tradición antiga do noso rural.
Rematamos coa visualización dunha curtametraxe moi especial “Academia de Especialistas” da Fundación Orange, que da visibilidade aos rapaces con autismo e a contianución puxémonos todos de pé para despedir a actividade cantando xuntos a través dun karaoke con pictogramas…
Achegamos algunhas fotografías que mostran o ben que o pasamos!
Para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, convidamos a que Madame Bechamel e Signorina Bolognesa cociñasen en colaboración co público, un saboroso bico mentres contaban un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.
Estas dúas cociñeiras atoladas e un pouco máxicas fixeron as delicias do público da man de Trécola Teatro.
MOITAS GRAZAS, PABLÍSIMo
Nenas e Nenos estivemos contigo celebrando O Día do Libro Infantil e Xuvenil. Pais e cativos estiveron moi entretidos coa actividad de Pablísimo. Moi recomendable por todos os presentes.
No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas…
PABLÍSIMO QUIXO PARTICIPAR NO CONCURSO DE ANDERSEN HOY co seu conto de Andersen:
“Principas e princesos”
que contou ás nenas e nenos que estiveron na sala infantil o sábado 1 de abril
Visítanos no BLOGGIT o noso blog da sala infantil-xuvenil
Para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, recibimos na Biblioteca Municipal do Grilo-Cacheiras (Teo) a Fuco, o ratonciño de Páxina oficial de Trinketrinke que non solo veu contarnos o conto de Riciños de Ouro, tamén falounos do seu fogar, das prantas que alí podes ver e cantar e xogar con nós. Unha auténtica delicia na que maiores e pequenos desfrutaron e participaron con este simpático roedor. E aínda deixounos de agasallo tres osiños feitos con globos… Non se pode pedir mais para celebrar este día.
Celebramos o Día do libro infantil co espectáculo MANS de PABLÍSIMO onde as historias cóntanse con palabras e as personaxes aparecen nas mans. Pablo adoptou un caracol, un Animal de Conto moi divertido, que a nenos e nenas entusiasmou.
Máis información no BLOGGIT o blog da sala infantil-xuvenil da Biblioteca e poderás ver as nosas novas
Séguenos