“A galiña azul e compañía” na Axencia de lectura de San Vicente
Cris de Caldas chegou o sábado moi ben acompañada ata a Axencia de lectura de San Vicente
A través de A galiña azul, realizou unha explicación amena do seu autor, Carlos Casares, e do que significan as Letras galegas. A galiña azul viña con moitas sorpresas para darnos a coñecer outras obras de Casares e algúns contos de tradición.

Despois da sesión de contos, desenvolveuse un obradoiro no cal participaron grandes e pequenos. Para que a obra de Casares perdure no tempo, máis aló do seu día.





