A GALIÑA AZUL E COMPAÑÍA, con CRIS DE CALDAS
Na tarde do 5 de maio na biblioteca de Sober coñecemos a biografía e tamén os contos infantís de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano pola Letras Galegas. A contadora, Cris de Caldas , fixo un percorrido pola vida e a obra de Casares. Contounos os seus contos e para rematar tivemos un obradoiro de confección dun marcapáxinas, como non, coa galiña azul.
Cós contos de Carlos Casares, e gracias a Cris de Caldas , excelente narradora, comezamos o mes de maio, o mes das Letras , na biblioteca de Sober.







