Juan Juste e “As historias do Kamishibai” na Biblioteca da Guarda
O sábado 22 de abril, na Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebramos o Día do Libro con Juan Juste e o seu espectáculo “As historias do Kamishibai” (Teatro de Papel).
Todos disfrutamos das historias do Kamishibai, da técnica de pergamiño ilustrado (emaki), do teatro de sombras e divertidas sopresas.
Asistiron 26 persoas que quedaron encantadas coa actuación e participaron con entusiasmo.





