Sopa de rato en Sarria

Todas e todos escoitamos falar dos ratos de biblioteca. O venres a biblioteca de Sarria recibiu a visita de Fuco, que veu contar contos cos que se estimula a imaxinación e a creatividade non soamente dos nenos e nenas, senón tamén das súas nais e pais que gozaron co marabilloso mundo creado por Arnold Lobel e posto en escena por Trinke Trinke.





