AS AVENTURAS DE MAMÁ CABRA : CONTOS QUE SAEN DOS LIBROS na Biblioteca “Rosalía de Castro” de Santa Cruz (Oleiros)
O mércores, 18 de outubro, na biblioteca de Santa Cruz, Gloria e Iago, ou Mamá Cabra, como nos guste máis, trouxeron un montón de cancións e historias que nos fixeron disfrutar a todas e todos.
Recoñecemos sonidos, animais, notas musicais e ata inventamos algún que outro tamén, disfrutamos co conto de “Unha vella tiña un can…” un conto tradicional galego no que ata un dinosaurio agochamos baixo a cama……. pero sobre todo conseguiron encher a saliña dos contos de notas e máis notas que levaron a toda a tropa de nenas e nenos hacia historias cheas de sentimentos, alegria e valores que divertiron tanto, tanto que todos rematamos bailando nenos e non tan nenos….

Mamá Cabra en acción

Contando contos




