Sesión de contacontos con Miro Villar na Axencia de Lectura Municipal de Carnota

O pasado venres 12 de xullo, ás 11:30 h, un nutrido grupo de nenas e nenos a partir dos tres anos de idade mantiveron un encontro literario con Miro Villar na Axencia de Lectura Municipal de Carnota. Os participantes asistiron á narración oral de tres contos rimados do autor (Carlota e a gaivota patiamarela, Rebelión na charca e A cobiza do verme Noel) acompañada de proxeccións das súas correspondentes ilustracións.




