En Monterrei os nenos viviron “A aventura máxica na biblioteca”
O pasado día 14 de setembro tivemos na Axencia de lectura de Monterrei unha actividade para os nosos nenos, “A aventura máxica na biblioteca”, a cargo do pallaso Piruleta&Cia. Foi moi gratificante ver como gozaron e participaron nos trucos de maxia, nas cancións e foi unha maneira marabillosa de achegar a biblioteca aos máis cativos.




