“MAXIA E LIBRIÑOS CON LEO LEIÑO” NA BIBLIOTECA “ROSALÍA DE CASTRO” de Sta Cruz (Oleiros)
Primeira actividade desta temporada, cun éxito total. Leo e Cris (Leo Leiño) engaiolaron a pais, nais e sobre todo aos nenos e nenas que desfrutaron, mirando entre asombrados e temerosos o que iba suceder no instante seguinte, esa era a impresión que tiñas observandoos.
A partir dunha serie de libros moi coñecidos : O principiño, Viaxe ao centro da Terra e por suposto o mundo máxico de Harry Potter as nenas e nenos viaxaron a través da fantasia, nun universo de sorpresas e ilusións que tamen poden atopar cada día nos andeis da biblioteca.
Ninguén queria que “aquelo” rematara, será a varita máxica que Leo Leiño regalaron a cada neno e nena o que lles fará non esquencer este momento único.