LEO LEÍÑO estivo na BPM de Corcubión
Pola Igualdade dende a Maxia, de Leo Leíño gustou tanto aos cativos de Corcubión que pasou o tempo voando.
Un lote de trucos de maxia, algúns consellos para explicar a igualdade entre homes e mulleres aos máis pequenos, e unha visita moi especial dos nen@s do Proxecto Lecer, que se celebraba no verán en Corcubión, fixo que esta mañá na Biblioteca fora así de divertida.
Deica outra!