Charla de Óscar Villán na BPM do Grilo-Cacheiras
O luns 15 de outubro, para celebrar os 10 anos do noso centro recibimos a visita de Óscar Villán, que nunha amena charla iniciou ós rapaces e rapazas no mundo da ilustración a través dos traballos feitos polo creador do Coelliño Branco. tamén houbo tempo para facer un pequeno repaso de algúns artistas importantes na historia da arte. O público non perdeu ollo da explicación.




