Contos e experimentos na biblioteca de Xermade
Celebramos o Día das Bibliotecas con esta actividade de contos e ciencia. Nita contou contos como “A estrela de Laura” ou “Un globo vermello” e foi intercalando experimentos para que os nenos e nenas, movidos pola curiosidade, se familiaricen coa ciencia de xeito divertido.






