= (IGUAL) EN SOBER

O mércores 21 de agosto, ás 19:00h, na Bibliopiscina, da BPM de Sober, contamos coa presenza de Iria Iglesias e Dani Viéitez de Estudio Gnomo. Os nenos e as nenas que se atopaban na Piscina Municipal de Sober, puderon desfrutar da actividad =(IGUAL), que pretende concienciar da igualdade na nosa sociedade, tratando temas diferenciadores cotiás como as cores, o traballo, os xoguetes ou a roupa.
A actividade comezou con un contacontos, acompañado dunha dinámica onde os participantes debían valorar diferentes situacións, plantexadas por Dani e Iria e rematou cun obradoiro de ilustración.




