Contando en feminino na BPM de Bertamiráns
O pasado xoves os rapaces e rapazas que se achegaron á biblioteca de Bertamiráns participaron dunha sesión ben interesante. Da man de Ana Hermida e de contos coma Artur e Clementina, Maruxa ou A historia dos bonobos con lentes entre outros.. xogaron, escoitaron, compartiron e refelexionaron sobre a igualdade entre xéneros.





