Queliña en San Sadurniño
Fantástica mañá a que pasamos con Raquel Queizás!!.
Visita dos nenos e nenas de Educación á Casa da Cultura en San Sadurniño.


“Colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra, que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos.
Os contos de tradición oral seleccionados están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos. Moitos destes contos, ademais de mostrarnos as características que definen a cada animal, buscan describir e explicar unha forma de vida fomentando o respecto pola natureza.Axudan a coñecer a contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua, os nosos contos, as nosas adiviñas, os nosos xogos e as nosas cancións.”
Fonte: https://www.raquelqueizas.com/raposadas/?lang=es




