“Ven a conto” con Raquel Queizás na B.P.M. Xerardo Díaz Fernández
O 21 de setembro os nenxs de Porto do Son puideron desfrutar dun contacontos a cargo de Raquel Queizás na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz Fernández. Actividade dirixida a nenxs de 3 a 11 anos.
O sol loce sobre un fermoso ceo violeta. A señora Teresa almorza galletas sen présa, mentras lembra unha brincadeira de cando era nena. Aldariña prepara a mochila cos libros e o medidor de insulina para ir ao cole axiña . Pedro quedou durmido co libro pegado ao couquizo…
Comeza o día en vila Conto. Os paxaros libro cantan: “Había unha vez”.
Xogo a que Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias dos veciños e as veciñas. Historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores…





