Rescate con Antía Yáñez na Biblioteca Rego da Balsa
O 30 de setembro recibimos na Biblioteca Rego da Balsa a Antía Yáñez, que elaborou un divertido xogo para nen@s de 6 a 12 anos. Entre tod@s, fixeron varios equipos e dispuxéronse a buscar pistas por toda a biblioteca para atopar diferentes libros e información variada.
Unha actividade que resultou gozosa para tod@s e na que aprenderon parte do funcionamento interno das nosas instalacións.





